ALMA (Accesibilidade e linguas minoritarias nos medios audiovisuais) é unha rede de excelencia que reúne a grupos de investigación interesados na accesibilidade a medios en linguas non hexemónicas.
Os grupos de investigación que participan son:
- GALMA
- Grupo de Estudos Audiovisuais
- HIPIS
- IIM R&D Group
- NOR Ikerketa Taldea
- TRALIMA/ITZULIK
- TransMedia Catalonia
ALMA é unha rede temática financiada polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, co código RED2018-102475-T, durante o período 2020-2021. Está dirixida por Josu Amezaga, da Universidade do País Vasco.