Josu Amezaga Albizu NOR

Josu Amezaga Albizu é Profesor Pleno na Universidade do País Vasco / Euskal Herriko Unibersitatea e participa na rede ALMA como investigador principal do Grupo NOR. Doutor en Socioloxía pola UPV/EHU. Ten realizado e participado en numerosas publicacións e investigacións sobre a relación entre comunicación, identidade e lingua, especialmente en relación coas linguas minorizadas (rexionais ou da inmigración). Ten realizado estadías de investigación na Victoria University of Technology e na Charles Sturt University (Australia), así como na University of Glasgow.

Outros participantes da rede: Marijo Deogracias, Patxi Azpillaga

Pablo Romero Fresco GALMA

Pablo Romero Fresco é investigador Ramón y Cajal na Universidade de Vigo e profesor honorario de tradución e cine na Universidade de Roehampton. É autor das monografías Accessible Filmmaking (Routledge) e Subtitling through Speech Recognition: Respeaking (Routledge). É membro do comité de redacción do Journal of Audiovisual Translation e director do grupo de investigación GALMA (Observatorio Galego de Acceso aos Medios), co que actualmente dirixe varios proxectos de investigación sobre accesibilidade aos medios (como ILSA, financiado pola Comisión Europea ). Pablo tamén é director de cine. O seu primeiro documental, Joining the Dots (2012), foi estreado no 69º Festival de Venecia e foi usado por Netflix e escolas de cine de varios países europeos para aumentar a visibilidade da audiodescrición.

Outros participantes da rede: Ana Pereira, Lourdes Lorenzo, Luis Alonso

Enrique Castelló Mayo GEA

Enrique Castelló Mayo. Profesor Titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Santiago de Compostela. Investigador do Grupo de Estudos  Audiovisuais (GI-1786). Tres sexenios de investigación CNEAI. IP de 2 proxectos I+D+i competitivos (estatal e europeo) e de 7 Contratos de I+D+i non competitivos. Experto Evaluador da AEI. Autor de 2 rexistros de software: 03/2019/202 “Virtual TV Set Light Analyzer” e 03/2018/1113 “Virtual TV Set Sensor Middleware”. Coordinador do Grupo de Investigación Docente “COMVIRTINDO” (COMunicación VIRTual para a INnovación Docente, GID 92 – USC).

Outros participantes da rede: Margarita Ledo Andión, Silvia Roca Baamonde​

Jaume Segura García HIPIS

Jaume Segura Garcia recibiu os graos de licenciado e doutor en física aplicada da Universitat de València, Valencia, España, en 1998 e 2003, respectivamente. Despois de completar o seu doutoramento, traballou no Instituto de Robótica da Universitat de València, onde estivo involucrado en varios proxectos relacionados con sistemas ITS. Desde 2008 está no Departamento de Informática da Universitat de València, onde na actualidade é Profesor Titular de Universidade. Ten sido investigador visitante en diferentes centros de investigación europeos. É coautor de máis de 90 publicacións en revistas nacionais e internacionais, capítulos de libro e congresos. Ten participado como organizador e comité técnico en varias conferencias nacionais e internacionais, entre as que se inclúen o “International Workshop on Virtual Acoustics (2011)”, en 9 convocatorias do Salento AVR, Tecniacustica 2015. É membro da Sociedad Española de Acústica e a European Acoustics Association.

Outros participantes da rede: Mario Montagud, Rafael Fayos Jordán, Juan Antonio De Rus

Fernando Boronat IIM

Fernando Boronat Seguí é o responsable do grupo IIM R&D n Universitat Politècnica de València (UPV). Acadou a licenciatura e o doutoramento en enxeñaría de telecomunicación en 1994 e 2014, respectivamente. Na actualidade, é profesor titular no seu Departamento de Comunicacións. Dispón de ampla experiencia en investigación e docencia en redes de comunicacións, sistemas e protocolos multimedia, así como sincronización multimedia. As súas áreas de investigación principais son os sistemas e aplicacións inmersivos e interactivos, mulsemedia e sincronización multimedia. É autor de máis de 100 artigos de investigación, forma parte de varios TPC e é revisor de numerosas revistas/conferencias relevantes.

Outros participantes da rede: Juan González Salinas, Fco. Javier Pastor Castillo, Almanzor Sapena Piera, Bernardino Roig Sala

Ana Tamayo TRALIMA/ITZULIK

Ana Tamayo é profesora e investigador na Universidade do País Vasco (EPV/EHU) desde novembro de 2016. Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade Jaume I (UJI), Máster en investigación en Tradución e Interpretación e doutora neste eido tamén pola UJI. En 2015 defendeu a súa tese sobre subtitulado para nenos xordos. Realizou ademais unha estadía de investigación de tres meses na universidade de Roehampton e outra como investigadora e docente invitada na Universidade César Vallejo (Perú). Actualmente é membro do grupo TRALIMA/ITZULIK (UPV/EHU) e colabora con outros grupos do mesmo eido. Os seus intereses investigadores céntranse na tradución audiovisual e a accesibilidade en diferentes modalidades. Interésalle especialmente contribuír á investigación sobre produción audiovisual accesible, subtitulación para xordos e lingua de signos.

Outros participantes da rede: Elizabete Manterola, María Pérez L. de Heredia

Anna Matamala TRANSMEDIA CATALONIA

Anna Matamala participa na rede ALMA como representante de TransMedia Catalonia, grupo que dirixe na Universidade Autónoma de Barcelona, na que é profesora titular. Licenciada en Tradución pola UAB e doutora en Lingüística aplicada pola UPF, ten dirixido e participado en múltiples proxectos sobre tradución audiovisual e accesibilidade aos medios. Tamén participa activamente en comités de normalización. Atoparedes unha listaxe de proxectos e publicacións na súa web. De entre as súas publicacións recentes destacariamos “Accessibilitat i traducció audiovisual”, publicado por Eumo.

Outros participantes da rede: Pilar Orero, Estel·la Oncins, Miquel Edo, Helena Casas