1. Cal foi o obxectivo do evento 5?

O evento 5 tivo lugar o 27 de xaneiro de 2021.

O evento foi virtual.

A Universitat Autònoma de Barcelona organizouno.

 

O obxectivo do evento foi presentar

algúns dos vídeos de EASIT.

Estes vídeos poden usarse

para formar xente en linguaxe fácil de entender.

 

151 persoas asistiron ao evento.

 

2. Que fixemos no evento?

Houbo 5 presentacións:

 

  • Anna Matamala deulles a benvida aos participantes.
  • Clara Delgado presentou o estándar español sobre lectura fácil.
  • Elisabet Serra presentou a Asociación Lectura Fácil (Cataluña).
  • Anna Matamala pechou o evento.

 

Tamén se mostraron 2 vídeos sobre o proxecto:

 

  • Un vídeo sobre o proxecto EASIT.
  • Un vídeo sobre os materiais formativos que creamos.

 

Tamén se fixeron públicos 79 vídeos.

Estes vídeos ensinan linguaxe fácil de entender.

 

Os participantes puideron escoller

os vídeos que querían ver durante o evento

e durante a semana posterior.

 

3. Onde podo ver os vídeos?

Podes ver as 4 presentacións

no sitio web de EASIT,

na sección Eventos / Evento 5.

 

Podes ver os vídeos no sitio web

dos materiais formativos de EASIT.

 

Tes algunha dúbida?

Podes preguntarlle a Anna Matamala.

O seu enderezo de correo é: anna.matamala@uab.cat.