Descargar MP3

 

Rtv Slovenija

Historia

RTV Slovenija é unha institución moi importante.

RTV representa Radio e Televisión.

RTV Slovenija é moi importante para Eslovenia e a súa cultura.

RTV Slovenija é unha institución antiga.

Os oíntes escoitaron Radio Slovenija por primeira vez hai 90 anos.

Os espectadores viron os primeiros

programas de Television Slovenija hai 60 anos.

RTV Slovenija chamábase RTV Ljubljana por aquel entón.

Ljubljana (en galego, Liubliana) é a capital de Eslovenia.

 

Canles

RTV Slovenija ten 8 canles de radio

e 5 canles de televisión.

3 canles de televisión son nacionais.

Isto significa que son para todos os cidadáns de Eslovenia.

1 canle está en italiano.

Esa canle é para os italianos que viven en Eslovenia.

1 canle está en húngaro.

Esa canle é para os húngaros que viven en Eslovenia.

Os italianos e os húngaros que viven en Eslovenia

son unha minoría.

 

Teletexto

RTV Slovenija tamén ten Teletexto.

O Teletexto parécese un pouco a Internet.

O Teletexto é a información que se pode ler na pantalla da televisión.

O Teletexto amosa as noticias, o tempo,

os horarios de RTV e outra información.

No Teletexto, os espectadores tamén poden obter subtítulos para programas.

O Teletexto existe dende hai moito tempo.

 

Información accesible

O Centro Multimedia de RTV Slovenija tamén é importante.

O Centro Multimedia está dispoñible en Internet.

O Centro Multimedia ofrece moitos servizos.

Algúns servizos axudan a persoas con discapacidade.

As persoas con discapacidade tamén ven a televisión.

Estas persoas teñen dereito á información.

 

As persoas xordas ou que non oen ben

poden usar subtítulos.

Os subtítulos son textos na pantalla

que explican palabras e sons.

A maioría dos programas teñen subtítulos.

Durante máis de 1 hora ao día,

o programa é interpretado en lingua de signos eslovena.

Isto significa que unha persoa na pantalla

signa os sons.

 

Para as persoas cegas ou que non ven ben,

TV Slovenija ten unha canle con audiodescrición.

Hai unha nova canle de audio especial para as persoas

cegas ou que non ven ben.

As persoas poden prender a canle de audio na televisión.

Deste xeito, poden escoitar os audiosubtítulos

e as audiodescricións dalgunhas películas.

 

RTV Slovenija tamén ten un servizo especial

para a accesibilidade dos programas de radio e televisión.

 

RTV Slovenija forma parte de

2 proxectos Erasmus+ sobre accesibilidade.

Un dos proxectos chámase ADLAB PRO

(Audiodescrición:

un laboratorio para o desenvolvemento dun novo perfil profesional).

ADLAB PRO comezou no ano 2016

e finalizará en 2019.

O segundo proxecto é EASIT.

EASIT é a forma breve de Easy Access for Social Inclusion Training.

EASIT comezou en 2018

e rematará en 2021.

 

Traballo en equipo

RTV Slovenija é membro da UER.

UER significa Unión Europea de Radiodifusión.

Isto significa que RTV Slovenija traballa con

outras radios e televisións nacionais europeas,

produtores independentes,

universidades e outras organizacións.

 

Quen escribiu esta información?

Veronika Rot escribiu este texto.

Veronika Rot traballa en RTV Slovenija.

Se quere saber máis sobre RTV Slovenija,

pode escribirlle un correo electrónico.

 

O seu enderezo de correo electrónico é: Veronika.Rot@rtvslo.si