Descargar MP3

 

Università degli Studi di Trieste

Somos unha universidade.

O noso nome é Universidade de Trieste.

O nome en italiano é Università degli Studi di Trieste.

Trieste é unha cidade de Italia.

A Universidade de Trieste ten 10 departamentos.

A Universidade ofrece moitos programas de grao e posgrao.

 

2 persoas da Universidade de Trieste traballan para EASIT.

Elisa Perego é a investigadora principal.

Ela está a cargo do Produto 1.

 

Laura Simonin é a directora financeira.

Ela encárgase dos documentos e do diñeiro do proxecto.

 

Elisa Perego traballa no SSLMIT.

SSLMIT é a forma breve dun departamento da universidade.

A especialización deste departamento é a tradución e a interpretación.

No departamento SSLMIT tamén realizamos investigacións

sobre tradución audiovisual.

Quen escribiu esta información?

Elisa Perego escribiu este texto.

Ela traballa na Universidade de Trieste.

Se quere saber máis sobre a Universidade,

pode escribirlle un correo electrónico.

 

O seu enderezo de correo electrónico é: eperego@units.it