1. Que fixemos?

Un certificado demostra

o que aprendiches

e o que sabes facer.

 

En EASIT estudamos

como certificar

os expertos en linguaxe fácil de entender

nos medios audiovisuais.

 

Estudamos a forma na que outros proxectos

certifican expertos.

 

Tivemos en conta

as recomendacións

dunha axencia europea de certificación

e de institucións europeas.

 

Fixemos diversas suxestións

para a certificación en EASIT.

 

2. Cales son os resultados?

Creamos un documento que explica

como podemos utilizar os materiais de EASIT

para certificar profesionais.

 

Fixemos propostas para universidades

e fixemos propostas para empresas.

 

Polo de agora, tres cursos en liña

van usar os materiais de EASIT

e van entregar un certificado.

 

3. Quen pode usar os resultados?

Se es un formador ou un administrador,

o documento darache ideas

sobre como certificar novos traballos.