1. Cal foi o obxectivo do evento 3?

O evento 3 tivo lugar o 13 de febreiro de 2020.

O evento celebrouse en Hildesheim (Alemaña).

A Universidade de Hildesheim organizouno.

 

O obxectivo do evento

foi presentar as tarxetas de destrezas de EASIT.

E tamén os currículos de EASIT.

 

86 persoas asistiron ao evento.

 

2. Que fixemos no evento?

Houbo unha presentación de pósters.

E tamén doce presentacións:

  • Christiane Maaß e Sergio Hernández Garrido deron comezo ao evento.
  • Irene Pieper deulles a benvida aos participantes.
  • Christiane Maaß e Sergio Hernández Garrido
    achegaron unha síntese do proxecto EASIT.
  • Jesús Meiriño presentou as tarxetas de destrezas de EASIT.
  • Christiane Maaß e Sergio Hernández Garrido trataron
    os currículos de EASIT.
  • Alea Stephan falou sobre o traballo cos usuarios finais
    para crear contido en linguaxe fácil de entender.
  • Leealaura Leskelä debateu sobre o uso da linguaxe fácil de entender en Finlandia.
  • O grupo de investigación “Simply complex – Easy Language” presentou os seus proxectos de investigación.
  • Xavier Moonen falou sobre a linguaxe fácil de entender en Holanda.
  • Susanne Jekat presentou o novo programa
    en comunicación accesible da Zurich University of Applied Sciences.
  • Hovárth Péter László e Sallai Illona presentaron
    o traballo cos usuarios finais en Budapest.
  • Ulla Vanhatalo e Tiina Onikki-Rantajääskö discutiron sobre a investigación e a formación en linguaxe fácil de entender en Finlandia.
  • Christiane Maaß e Sergio Hernández Garrido clausuraron o evento.

O evento contou con interpretación ao alemán.

 

3. Onde podo ver as presentacións e os vídeos?

Podes descargar as presentacións do sitio web de EASIT neste enlace.

 

Tes algunha dúbida?

Podes preguntarlle a Sergio Hernández Garrido.

O seu enderezo de correo electrónico é: hernande@uni-hildesheim.de.