1. Que fixemos?
Creamos materiais
que ensinan como escribir
e como adaptar
contido fácil de entender.
Os materiais tamén ensinan
como crear subtítulos fáciles de entender,
audiodescricións fáciles de entender
e noticias audiovisuais fáciles de entender.
2. Cales son os resultados?
Creamos diferentes tipos de materiais:
- vídeos
- presentacións de diapositivas
- listas de lectura
- exercicios
- cuestionarios
- outros materiais
Tentamos crear materiais que sexan accesibles.
Creamos:
- transcricións en inglés de todos os vídeos
- arquivos de audio de todos os vídeos
- subtítulos en inglés de todos os vídeos
- subtítulos noutras linguas dalgúns dos vídeos
Creamos un total de 142 vídeos.
Podes consultar todos os materiais
no sitio web dos materiais formativos de EASIT.
Tamén están dispoñibles en acceso aberto,
en DDD.
3. Quen pode usar os resultados?
Se es un estudante,
podes visitar o sitio web
e ver os vídeos que queiras.
Se es un formador,
podes escoller os materiais que prefiras
e usalos nas túas clases.
Elaboramos unha guía
para che axudar.
Tes algunha dúbida?
Podes preguntarlle a Anna Matamala.
O seu enderezo de correo é: anna.matamala@uab.cat.