Se quere saber máis sobre o proxecto, pode preguntarlle a Anna Matamala. Anna Matamala está a cargo do proxecto EASIT. O seu enderezo de correo electrónico é: anna.matamala@uab.cat
|
Quen traduciu esta información?
María Rico Vázquez traduciu este texto.
Se ten algunha dúbida,
pode enviarlle un correo electrónico.
O seu enderezo de correo electrónico é: mariaricovazquez@gmail.com
Política de datos
Se se pon en contacto con nós,
Anna Matamala gardará os seus datos persoais
para informarlle sobre o proxecto EASIT.
Os datos persoais son o seu nome e o seu enderezo de correo electrónico.
Non daremos os seus datos persoais
a outras persoas, empresas ou organizacións.
Pode pedirnos:
- unha copia dos seus datos persoais
- que eliminemos os seus datos persoais
- que cambiemos os seus datos persoais
Se ten algunha reclamación,
pode poñerse en contacto coa Autoridade Catalá de Protección de Datos.
O sitio web de EASIT pertence á Universitat Autònoma de Barcelona.
Se ten algunha pregunta,
pode enviarlle un correo electrónico á persoa
responsable da protección de datos da Universitat Autònoma de Barcelona.
O seu enderezo de correo electrónico é: proteccio.dades@uab.cat
Pode atopar máis información neste sitio web.
Este sitio web explica como protexer os seus datos persoais.