1. Cal foi o obxectivo do evento 4?

O evento 4 tivo lugar o 15 de outubro de 2020.

O evento foi virtual.

A Universidade de Vigo organizouno.

 

O obxectivo do evento foi presentar

os materiais formativos de EASIT.

 

44 persoas asistiron ao evento.

 

2. Que fixemos no evento?

Houbo 5 presentacións.

Tamén houbo 2 debates con expertos

en linguaxe fácil de entender:

 

  • Pablo Romero-Fresco deulles a benvida aos participantes.
  • Carlo Eugeni falou sobre subtitulado en directo e linguaxe fácil de entender.
  • Óscar García e Susanne Jekat discutiron sobre linguaxe fácil de entender, subtitulado e audiodescrición.
  • Diego Chapela tratou a adaptación de literatura a linguaxe fácil de endender.
  • Pablo Romero-Fresco pechou o evento.

 

Tamén se mostraron 9 vídeos sobre o proxecto:

 

  • Un vídeo sobre o proxecto EASIT
  • Un vídeo sobre o produto 4 do proxecto
  • Un vídeo sobre o produto 5
  • Un vídeo sobre cada unidade:
    Unidade 1, Unidade 2, Unidade 3A, Unidade 3B, Unidade 3C e Unidade 4

 

Os participantes puideron ver os vídeos durante o evento.

E tamén a semana despois do evento.

 

3. Onde podo ver as presentacións e os vídeos?

Podes ver as presentacións e os vídeos

no sitio web de EASIT,

na sección Eventos / Evento 4.

 

Tes algunha dúbida?

Podes preguntarlle a Pablo Romero-Fresco.

O seu enderezo de correo electrónico é: promero@uvigo.es.