1. Cal foi o obxectivo do evento 2?
O evento 2 tivo lugar o 20 de xuño de 2019.
O evento celebrouse en Estocolmo.
Dyslexiförbundet organizouno.
Un dos obxectivos do evento
foi presentar o proxecto EASIT.
Outro obxectivo foi explicar
a finalidade do proxecto.
48 persoas asistiron ao evento.
2. Que fixemos no evento?
Houbo 9 actividades no programa do evento:
1. Olov Berggren deulles a benvida aos participantes.
2. Tatjana Knapp presentou
unha sinopse do proxecto EASIT.
3. Åsa Wengelin falou
sobre linguaxe fácil de entender en Suecia.
4. Mikael Hellman presentou un traballo
con vídeos accesibles en Malmö.
5. Stefan Johansson e Ester Hedberg falaron
acerca dun proxecto sobre textos fáciles de entender.
6. Rocio Bernabé Caro presentou os resultados
do produto 2 do proxecto EASIT.
7. Jesús Meiriño Gómez presentou os resultados
do produto 3 do proxecto EASIT.
8. Elisa Perego coordinou un debate final.
9. Anna Matamala achegou un resumo do evento.
3. Onde podo ver as presentacións e os vídeos?
O evento gravouse en vídeo.
Podes ver os vídeos en YouTube:
https://www.youtube.com/playlist?list=PLZttiMCeHvvubCQ4SBDX2DT-SddYxA-S9
Tes algunha dúbida?
Podes preguntarlle a Ester Hedberg.
O seu enderezo de correo electrónico é: ester.hedberg@dyslexi.org