Stiftung Universität Hildesheim
Somos unha universidade.
O noso nome é SUH.
SUH é a forma breve de Stiftung Universität Hildesheim.
Isto significa: Fundación Universidade de Hildesheim.
A nosa universidade está en Hildesheim.
Hildesheim é unha cidade do norte de Alemaña.
A SUH ten un centro de investigación sobre a linguaxe de lectura fácil.
Un centro de investigación é un equipo de persoas.
Estas persoas estudan un tema en particular.
O nome do centro de investigación da SUH é:
Centro de Investigación sobre lectura fácil en alemán.
Este centro de investigación
- estuda a lectura fácil en Alemaña
- produce materiais para formar a tradutores en lectura fácil en alemán
- promove a inclusión e a lectura fácil en Alemaña
- e elabora proxectos con moitos socios sobre a lectura fácil en Alemaña.
A SUH é socia de EASIT.
2 persoas da SUH traballan en EASIT:
Christiane Maaß e Sergio Hernández Garrido.
Christiane Maaß é a directora
do Centro de Investigación sobre lectura fácil en alemán.
Sergio Hernández Garrido é membro
do equipo do centro de investigación.
Quen escribiu esta información?
Sergio Hernández escribiu este texto.
Sergio Hernández traballa na SUH.
Se quere saber máis sobre a Universidade
ou o Centro de Investigación sobre lectura fácil en alemán,
pode escribirlle un correo electrónico.
O seu enderezo de correo electrónico é: hernande@uni-hildesheim.de