Podes descargar o Produto 4 aquí.

 

Destinatarios principais:

universidades, institucións e formadores.

Estes resultados intelectuais

poden interesar

a profesionais e estudosos

no eido da linguxe fácil de entender.

 

Podes ler un resumo fácil de entender do Produto 4.


Descargar MP3

 

Produto 4. Que deben estudar os expertos

TRADUTORES

Moitos textos son difíciles de entender.

Os tradutores poden traducir eses textos difíciles

a unha linguaxe fácil de entender.

Os textos fáciles de entender son moi importantes para a sociedade.

Pero é difícil traducir a unha linguaxe fácil de entender.

Os tradutores deben prestar atención a moitas cousas

cando traducen a unha linguaxe fácil de entender.

 

ESCRITORES

Os escritores poden escribir directamente nunha linguaxe fácil de entender.

Así, podemos entender mellor os textos.

Pero é difícil escribir nunha linguaxe fácil de entender.

Os escritores deben prestar atención a moitas cousas

cando escriben nunha linguaxe fácil de entender.

 

Por iso, os tradutores deben aprender

a traducir a unha linguaxe fácil de entender.

Os escritores deben aprender

a escribir nunha linguaxe fácil de entender.

 

O produto 4 desenvolverá un plan de estudos

para a formación de tradutores e escritores.

 

Un plan de estudos amosa como ensinar algo

na escola ou na universidade.

 

Un plan de estudos contén todos os cursos

aos que os estudantes teñen que asistir para aprender algo.

 

O noso plan de estudos amosará

como ensinar tradución fácil de entender

e escritura fácil de entender.

 

O noso plan de estudos propoñerá

os cursos aos que deben asistir os estudantes

para aprender tradución fácil de entender

e escritura fácil de entender.

 

O noso plan de estudos centrarase na linguaxe fácil de entender

na información audiovisual.

A información audiovisual é a información

que se pode ver e escoitar ao mesmo tempo.

Por exemplo, en televisión e vídeos.

 

Christiane Maaß está a cargo deste produto.

Se quere saber máis sobre o documento,

pode preguntarlle a Sergio Hernández.

Sergio Hernández escribiu esta información.

 

O seu enderezo de correo electrónico é: hernande@uni-hildesheim.de