1. Que fixemos?
Estudamos a formación e a práctica
da linguaxe fácil de entender
en diferentes países europeos.
Elaboramos unha enquisa
para expertos en linguaxe fácil de entender.
A enquisa estaba en varias linguas.
Os expertos eran:
- formadores
- tradutores / adaptadores
- produtores / creadores / escritores
- validadores / asesores
Aos expertos preguntámoslles:
- información persoal
- recibistes formación en linguaxe fácil de entender?
- como creades textos fáciles de entender?
- como traballades?
- como mellorades as vosas destrezas?
(Unha destreza é a capacidade para facer algo ben)
- que é útil na formación?
2. Cales son os resultados?
128 expertos contestaron a enquisa.
O 74 % eran mulleres.
A maior parte dos expertos tiñan ao redor de 50 anos.
A maior parte dos expertos estudaron
linguas, xornalismo ou comunicación.
A maior parte dos expertos
son formadores en linguaxe fácil de entender.
A maior parte dos expertos recibiron formación
en linguaxe fácil de entender.
Polo xeral, as universidades
non ofrecen formación.
Os expertos reciben formación
- na empresa na que traballan
- en talleres formativos
Os expertos dixeron que:
- non traballan en equipo
- falan cos usuarios finais
- consideran útiles os comentarios dos usuarios finais
- usan os comentarios dos usuarios finais nos seus textos
Os expertos continúan
mellorando as súas destrezas
da seguinte forma:
- adquirindo experiencia no campo
- falando con outros expertos
- falando cos usuarios
- participando en conferencias, talleres, etc.
- estudando documentación (por exemplo, recomendacións)
Os expertos dixeron que
as actividades máis útiles na formación son:
- exercicios de escritura
- o traballo con outros expertos
- exercicios de revisión
Os expertos cren que
é moi útil coñecer:
- os tipos de discapacidades
e as necesidades dos grupos
- e os principios, as directrices, as recomendacións
e os estándares da linguaxe fácil de entender
3. Quen pode usar os resultados?
Usamos os resultados do informe
para decidir que incluír
nos materiais formativos de EASIT.
Se es un formador ou un investigador,
podes visitar o sitio web
e ler o informe completo.
O informe completo é útil
se queres:
- realizar a mesma enquisa noutros países
- coñecer a formación dos expertos
- facer investigación sociolóxica
Tes algunha dúbida?
Podes preguntarlle a Elisa Perego.
O seu enderezo de correo é: