1. Que fixemos?

Estudamos a formación e a práctica

da linguaxe fácil de entender

en diferentes países europeos.

 

Elaboramos unha enquisa

para expertos en linguaxe fácil de entender.

A enquisa estaba en varias linguas.

 

Os expertos eran:

  • formadores
  • tradutores / adaptadores
  • produtores / creadores / escritores
  • validadores / asesores

 

Aos expertos preguntámoslles:

  • información persoal
  • recibistes formación en linguaxe fácil de entender?
  • como creades textos fáciles de entender?
  • como traballades?
  • como mellorades as vosas destrezas?

(Unha destreza é a capacidade para facer algo ben)

  • que é útil na formación?

 

2. Cales son os resultados?

128 expertos contestaron a enquisa.

O 74 % eran mulleres.

A maior parte dos expertos tiñan ao redor de 50 anos.

A maior parte dos expertos estudaron

linguas, xornalismo ou comunicación.

A maior parte dos expertos

son formadores en linguaxe fácil de entender.

 

A maior parte dos expertos recibiron formación

en linguaxe fácil de entender.

Polo xeral, as universidades

non ofrecen formación.

Os expertos reciben formación

  • na empresa na que traballan
  • en talleres formativos

 

Os expertos dixeron que:

  • non traballan en equipo
  • falan cos usuarios finais
  • consideran útiles os comentarios dos usuarios finais
  • usan os comentarios dos usuarios finais nos seus textos

 

Os expertos continúan

mellorando as súas destrezas

da seguinte forma:

  • adquirindo experiencia no campo
  • falando con outros expertos
  • falando cos usuarios
  • participando en conferencias, talleres, etc.
  • estudando documentación (por exemplo, recomendacións)

 

Os expertos dixeron que

as actividades máis útiles na formación son:

  • exercicios de escritura
  • o traballo con outros expertos
  • exercicios de revisión

 

Os expertos cren que

é moi útil coñecer:

  • os tipos de discapacidades

e as necesidades dos grupos

  • e os principios, as directrices, as recomendacións

e os estándares da linguaxe fácil de entender

 

 

3. Quen pode usar os resultados?

Usamos os resultados do informe

para decidir que incluír

nos materiais formativos de EASIT.

 

Se es un formador ou un investigador,

podes visitar o sitio web

e ler o informe completo.

 

O informe completo é útil

se queres:

  • realizar a mesma enquisa noutros países
  • coñecer a formación dos expertos
  • facer investigación sociolóxica

 

Tes algunha dúbida?

Podes preguntarlle a Elisa Perego.

O seu enderezo de correo é:

eperego@units.it.